#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de A Illa de Arousa pon en marcha, a través da Universidade Popular, dous cursos gratuitos de empregabilidade dirixidos a xóvenes e a mulleres de toda Galicia en risco de exclusión social.
Son concretamente, formación teórico-práctica en hostelería e turismo e limpeza de superficies en edificios e locais.
No primeiro caso, abordaranse técnicas básicas de cociña, información turística, atención en barra, café e coctelería, novos modelos de negocio, informática, e técnicas de axuda á autoestima.
En canto ao curso de limpeza en superficies en edificios e locais, pretende que as destinatarias poidan ver un obxetivo de futuro e crear a súa propia empresa.
A formación centrarase nos módulos de limpeza e tratamento de solos, paredes e teitos, mobiliario interior e procedementos con maquinaria.
Asimesmo, inclúe orientación laboral para a creación dunha empresa, asesoramento sobre cómo falar en público e informática básica.
Os cursos comezan nos vindeiros días cunha disponibilidade de 16 prazas e prolongaranse ata finais de marzo.
Os detalles nolos contaban esta mañá o alcalde, Carlos Iglesias, e a Concelleira de Cultura, Rosy Viana, acompañados da responsable da formación.