#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados quere poñer en marcha ao longo deste mandato un Plan de Desenrolo Urbanístico do municipio coa creación de novos víais e a habilitación de espazos para vivendas e zonas verdes.
Un plan "ambicioso e valente", que segundo os edís de Somos Cambados, Tino Cordal e Xurxo Charlín, é moi necesario para que Cambados medre.
Trataríase de tres unidades de xestión, -Avenida A Pastora e rúa Pacheca, Entorno dos Colexio San Tomé, Os Olmos e Instituto Asorey, e a Avenida do Salnés co entorno do bosque de Fefiñáns-.
O proxecto inclúe ademáis dúas zonas de desenvolvemento rústico: O Cruceiro e o entorno do Colexio Magariños e A Pastora.
Para iniciar o proceso, o goberno local xa mantivo unha reunión cos veciños afectados e de principio a maioría estarían de acordo cos plantexamentos municipais.
Agora queda unha segunda xuntanza para concretar máis detalles e comezar a tramitación.
En total estás novas áreas de desenvolvemento suporían para o municipio un incremento de 94.000 metros de solo edificable, 33.000 metros de zonas verdes e 1.200 prazas de estacionamento.
Así o explicaba esta mañá o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín.