#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Promover a igualdade no fútbol é o obxetivo do I Torneo Femenino de F-8 en categoría alevín, entre 8 e 11 anos, ideado polo Club Deportivo Bamio.
O evento terá lugar do 26 ao 28 de xuño no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía e prevé contar coa participación de máis de 20 equipos de toda España.
Entre eles destaca a presencia do Valencia Fútbol Club, equipo no que xoga a vilagarciá Mari Paz Vilas, que será a madriña do Torneo.
Tamén haberá presencia de conxuntos da comarca e de algún equipo máis da Liga Iberdrola.
Ademáis, o Torneo terá unha faceta solidaria, co Euro x Goles e a venda de pulseiras que se destinará íntegramente á Asociación Pablo Ugarte de loita contra o cancro.
Os promotores da idea pretende, sobre todo, aportar o seu gran de area cara a igualdade de competicións pensando que as féminas merécense un torneo á altura dos existentes a nivel masculino.
Así o resaltaba esta mañá na presentación un representante dos organizadores, Tino Buján, acompañado do concelleiro de Deportes de Vilagarcía, Miro Serén, o diputado provincial, Gorka Gómez, a secretaria territorial da Xunta, Ana Ortiz e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Manuel Fernández.