Cambados volve celebrar unha iniciativa solidaria co fin de recadar fondos para a Fundación GaliciAme, que preside a cambadesa Merchi Alvarez.
Nesta ocasión será unha Gala promovida pola Asociación Deportiva Gran Jeté de Cambados, que incluirá e ximnasia rítmica, ballet clásico e galego, zumba, bailes de salón e capoeira con exhibicións de 250 intérpretes.
Tamén haberá diferentes sorteos entre o público asistente.
A cita será o 23 de decembro no pabellón do Pombal a partir das 17 horas con entradas a 1,50 en venta anticipada e 2,50 en taquilla.
Os detalles nolos contaban Estefanía Dios, de Gran Jeté, e Merchi Alvarez, que tamén nos falaba do seu encontro con Richard Gere no Senado.
O acto de presentación da Gala contou tamén coa presencia do Concelleiro de Servizos Sociais de Cambados, Tino Cordal.