Mantense a alerta laranxa por fortes ventos e precipitacións en toda a provincia de Pontevedra como consecuencia do primeiro temporal de outono.
As previsións apuntan a que as precipitaciones vaian remitindo conforme avanza o día.
Mentres, os servizos de emerxencia fan balance das principais incidencias.
Unha delas foi en Sanxenxo, onde o paseo peonil de madeira de A Lanzada volveu sufrir os efectos do vento, ao igual que o pasado febreiro.
As fortes rachas que chegaron a preto de 130 kms hora levantaron un tramo de 30 metros da estructura que acabou noutro lado da PO 308.
A Xunta estuda agora a mellor forma de reforzar este novo treito afectado, tendo en conta as limitacións medioambientais da Rede Natura.
Por eso quizás non será posible repoñelo cunha estructura de formigón como solicita o Concello de Sanxenxo para que a situación non se volva a repetir.
Así o explicaban esta mañá o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, durante a supervisión dos danos causados.
Polo demáis, os concellos vanse recuperando das numerosas incidencias que o paso do temporal deixou nas nosas comarcas: árbores e contedores caidos, decoración navideña volcada e numerosas bolsas de auga en rúas e estradas.
En Vilanova, operarios municipais recolocaron á árbore de Nadal que caeu pola forza do vento e volverá a estar en funcionamento entre esta tarde e mañá.
Ademáis, os ríos normalizan os seus cauces nunha recuperación inmediata dos caudais perdidos durante os meses de seca, adquirindo en poucas horas as imaxes de inverno, como no caso das fervenzas de Barosa en Barro.
I e que as precipitacións recollidas durante a xornada deste domingo chegaron a ser de máis de 180 litros por metro cadrado nalgunhas zonas.
Nas estradas de titularidade autonómica a situación está totalmente normalizada, segundo decía o director da Axencia Galega de Infraestructuras.