A corporación municipal de Cambados celebra esta noite o pleno correspondente o mes de novembro, aplazado pola ausencia de dous concelleiros do equipo de goberno.
Un dos ausentes a pasada semana era o edil de Cambados Pode, José Ramón Abal, que se encontraba de viaxe en Bruxelas e que anunciaba esta mañá que sí acudirá á sesión plenaria de hoxe.
Abal non asistiu á reunión da comisión de seguimento do pacto de goberno do pasado venres e segue sen aclarar cal será a súa postura despois do chamamento ao diálogo realizado polos seus socios.
De momento, o único que avanzou é que no pleno de hoxe pedirá o cambio de sitio no escano e que estará toda esta semana fora do Concello debido a unha nova viaxe promocional de Cambados.
Así o decía José Ramón Abal nunha conversa cos medios
Pola súa banda, os tres grupos de goberno restantes, PSOE, BNG e SOMOS, emitían un comunicado conxunto ao remate da reunión da comisión de seguimento.
As tres forzas aseguraban que “seguirán traballando coa firme vontade de manter a unidade de goberno ata o remate do mandato municipal” e sinalaban que “nestas dúas xuntanzas se produciron avances significativos na diagnose da situación municipal e das melloras a implementar”.
Asimesmo, resaltaban que “o pacto de goberno segue vixente na súa redacción inicial, manifestando o decidido compromiso de seguir traballando no seu cumprimento”.
Por último, facían un chamamento a Cambados Pode
“a sentarse a retomar o diálogo pola continuidade do goberno municipal na súa actual configuración”.