O programa contra a violencia de xénero do CIM do Salnés, que abrangue os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia, desenvolverase este ano durante novembro e decembro con especial fincapé na prevención dende a mocidade e as edades de infantil.
Deste xeito, a programación inclue a proxección de curtas e monólogos nos institutos e sesións de contacontos contra os estereotipos de xénero nos centros de infantil.
Todo elo baixo o lema “Stop á primeira sinal”.
A maiores, realizarase a lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero o 24 de novembro ás 12 horas nos Concellos correspondentes .
Asimesmo, reeditaranse as actividades do Simposio Itinerante Móstrate Salnés, que xa vai na VI edición, e que este ano se celebrará en Ribadumia, e realizarase o II Fast Dates, que son reunións rápidas entre mulleres para a busca de traballo, desta volta en Meis.
Outra novidade deste ano será un encontro de asociacións de mulleres a nivel comarcal, nacional e internacional para mostrar os beneficios do asociacionismo entre mulleres, que terá lugar en Cambados.
Nolo contaban a técnica e a directora do CIM, xunto coa alcaldesa de Cambados, na presentación do programa.