O xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez, comprobou esta mañá, xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a instalación dun novo paso peonil con semáforo na PO-308 ao seu paso pola Lanzada.
O orzamento total desta obra rolda os 60.000 euros e quedará rematada no prazo dun mes.
Para garantir a seguridade viaria dos usuarios do paso a nivel prolongarase a isleta física existente para que os vehículos reduzan a velocidade neste tramo, que quedará fixada a 30 quilómetros por hora, instalándose así sinais de limitación.
Tamén se colocarán redutores da velocidade que poderán ser retirados en inverno cando non hai acceso á praia, de xeito que se interfira menos no tráfico. Finalmente, se instalarán dous semáforos, un por cada sentido, con pulsador de peóns e iluminación do paso mediante unha luminaria interactiva.
A actuación da resposta á demanda do concello de Sanxenxo así como dos veciños da zona para mellorar a seguridade viaria neste punto da estrada situado nas Salinas.
O novo paso de peóns da servizo aos núcleos de A Revolta, Fonte de Ons y Tombelo, todos eles na parroquia de Noalla, que, grazas a esta nova infraestrutura poderán contar cun acceso peonil directo á praia da Lanzada.
“Aínda que se varexaron varias posibilidades coma un paso subterráneo ou un paso elevado, a elección final debeuse a razóns técnicas, funcionais, ambientais e económicas”, matizou José Luis Díez. “Decidiuse finalmente que a opción máis axeitada sería a instalación dun paso a nivel con regulación mediante semáforos de pulsador”.