Cambados entra na recta final do programa da Cidade Europea do Viño cun brinde colectivo o sábado 4 de novembro na Praza do Concello ás 11.30 horas para conmemorar o aniversario do seu nomeamento.
Un brinde que, ademáis, abre as próximas actividades do programa da Cidade Europea do Viño, centradas, principalmente, no Día do Enoturismo e nas Xornadas de Augardentes e Licores de Galicia.
No primeiro caso, ademáis das habituais catas e concurso de sumilleres este ano inclúese un showcooking con conservas e mariscos, que será o 12 de novembro no Salón Peña.
A proposta complétase cunha cata en catamarán baixo o nome de “Navegando coa Ruta” o 10 de novembro a partir das 19.30 horas con saída dende O Grove e un custe de 13 euros.
En canto ás Xornadas de Augardentes e Licores de , o seu Consello Regulador decidiu este ano sacar os alambiques á rúa para dar a coñecer os métodos tradicionais de elaboración.
Será o domingo 5 de novembro, ás 17 horas na Praza de Fefiñáns.
Previamente, a inauguración das Xornadas será o sábado 4 ás 17 horas no Salón Peña cunha cata comentada baixo o título “Ao son da augardente”.
Así o explicaban a responsable da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, e o presidente do Consello Regulador de Augardentes de Galicia, José Antonio Feijoo, na presentación celebrada esta mañá no salón de plenos de Cambados, acompañados do Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.