O Sindicato CIG do Salnés mobilízase en contra de Lei de Fomento Empresarial aprobada esta semana no Parlamento de Galicia cos votos en solitario do PP.
A norma pretende “contrarrestar a competencia empresarial do Norte de Portugal, reducindo a burocracia para a implantación de empresas, facilitar o acceso ao solo e impulsar rebaixas fiscais a través dos Concellos”.
Ademáis, o PP incorporou cambios para "liberalizar" outros sectores como o eólico, o minero e o forestal.
Dende a CIG avanzan os efectos perxudiciais que ao seu entender terá esta nova lei e anuncian unha manifestación contra este modelo industrial convocada para este vindeiro domingo en Santiago.
O sindicato considera que a norma "facilita a instalación de empresas de cualquera actividade en calquera parte do territorio sen ningún tipo de control".
Segundo explica o responsable comarcal da CIG, Xoan Xose Bouzas, "con esta nova lei desaparecen todas as barreiras administrativas, e coa simple presentación do proxecto xa estaría concedida a autorización para comezar coa actividade".
Dende a CIG, entenden que coa nova Lei de Fomento Empresarial do PP, "o que van conseguir é acabar co patrimonio, abandonando a defensa dos sectores productivos mentres se favorece á un modelo industrial de multinacionais".
Por todo elo, o sindicato comarcal súmase manifestación convocada para este domingo 22 de outubro ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago "contra o modelo industrial colonial de esta Lei".
CIG Salnés porá a disposición dos que queiran asistir á mobilización un autobús que sairá as 10 horas de O Grove, 10:30 de Cambados e 10:45 de Vilagarcía.
Así o explicaba o responsable comarcal da CIG, Xoán Xose Bouzas Aboy, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.