O BNG de Cambados considera un erro e unha irresponsabilidade aplazar a reunión da comisión de seguimento do pacto de goberno para o día 24.
O portavoz nacionalista, Victor Caamaño, recoñeceu esta mañá que as discrepancias no cuatripartito son un problema recurrente dende o principio e a solución non é deixar pasar o tempo.
Por tal motivo, seguirá insistindo para que a comisión de seguimento se reuna esta mesma semana.
Ademáis, advertiu que o seu grupo xa non calará máis e a partir de agora fará públicas as súas discrepancias no momento en que xurdan.
Así o explicaba Victor Caamaño nunha rolda de prensa acompañado do secretario comarcal da formación, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.
Así que, en principio, e se non prospera a prosposta do BNG, queda todo pendente ata o día 24 deste mes, data na que quedou fixada a reunión da comisión de seguimento do pacto, trala infructuosa reunión de onte, convocada pola alcaldesa
Ao encontro somente asistiron os concelleiros do PSOE e de Somos.
O Concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, orixe da nova crise de goberno, excusou a súa ausencia argumentando que xa non cree que o diálogo sexa a solución e insiste en que somente a alcaldesa pode tomar medidas que eviten que se repita a usurpación de funcións que denuncia.
Tampoco acudió o BNG, que pensa que o problema só pode abordarse na comisión de seguimento.