Os “Pinchos de Outono” volven a Cambados, tralo éxito da primeira edición celebrada o ano pasado.
Nesta ocasión, o certame será unha única fin de semana, do 27 ao 29 de outubro, coa participación de 12 establecementos que elaborarán candanseu pincho doce e salgado.
As propostas estarán maridadas con augardentes e licores do Consello Regulador de Galicia.
Ao igual que na anterior edición, os Pinchos de Outono premiaranse nun concurso aberto ao público e outro con xurado.
Os que entreguen a súa papeleta completamente selada optarán a 12 bonos para unha cea degustación nos establecementos participantes, 1 vale compra de 100 euros a consumir en calquera dos asociados de Zona Centro e un lote de productos de augardentes de Galicia.
Os detalles explicábaos o presidente de Zona Centro, Juan Rey, acompañado dos concelleiros de Enoturismo e Mercados de Cambados, José Ramón Abal e Xurxo Charlín, ademáis do presidente do Consello Regulador de augardentes de Galicia, na presentación da iniciativa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.