O cuatripartito de Cambados coincide en que a Festa do Albariño foi todo un éxito.
Os membros do goberno local destacan o traballo dos operativos de seguridade e de limpeza, así como a programación e toda a organización en xeral.
En canto ás incidencias, este ano non houbo ninguna de consideración pero si se atenderon a 91 persoas na noite do sábado, a máis multitudinaria, 47 persoas por cortes, 19 por golpes e contusións, 18 intoxicacións etílicas e 7 por causas diversas.
Un dos problemas foi a fraxilidade dos novos cataviños, que rompía con facilidade e producían cortes, e mesmo atravesaban o calzado.
En total recolléronse 112 toneladas de basura, das cales 12 eran de vidro, e 35 se recolleron tan só durante a mañá do domingo.
Todos os datos do evento deronnos esta mañá a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e os concelleiros, Victor Caamaño, Tino Cordal e Jose Ramón Abal, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA DIA.
Ademáis, o concelleiro Tino Cordal recordou que seguirán reclamando que a Sede do Consello Regulador da D.O de Orixe Rías Baixas, se traslade a Cambados xa que entenden que o concello e os veciños fan moito pola promoción do Albariño e da D.O e consideran que deberían recibir algún tipo de recoñecemento.