Coa presencia de numeroso público que ateigaba a Praza do Concello e o Paseo da Calzada, Cambados inaugurou oficialmente a 65 edición da Festa do Albariño.
Primeiro, coa lectura do pregón a cargo do actor Matías Varela, un fillo de emigrantes cambadeses que traballa en Suecia como intérprete profesional de cine e televisión e que, ademáis, formará parte do elenco de actores da terceira parte da serie “Narcos”.
Tralo pregón, as autoridades políticas procederon ao corte da cinta no Paseo da Calzada.
A delegación, encabezada pola alcaldesa, Fátima Abal, acompañada da Conselleira do Medio Rural, Angeles Vázquez, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o presidente da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e o pregoeiro, realizaron o tradicional percorrido polas adegas.
Todos eles resaltaron a importancia desta edición por formar parte da Cidade Europea do Viño, confirmada polos numerosos asistentes á xornada inaugural nun ano no que se puxeron á venda 35.000 cataviños, 3.000 máis que o ano pasado.
Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.