Os petroglifos dos Ballotes, ubicados en Bamio, estrean nova imaxe, tralos traballos de restauración promovidos polo Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra.
As actuacións consistiron, sobre todo, na limpeza das pezas prehistóricas e na adecuación do entorno coa sinalización informativa do xacemento.
Uns traballos que, segundo o director do proxecto de restauración, deberían seguir ampliándose con excavacións máis en profundidade para conseguir atopar novos grabados pétreos.
As actuacións foron supervisadas esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, acompañado da concelleira de Urbanismo, Paola María, e polo director do proxecto de restauración, que nos explican en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA en qué consistiron os traballos.