Cambados inaugurou este mediodía a Festa da Vieira, que chega a súa 16 edición e que se celebrará durante toda a fin de semana.
A apertura da carpa de degustación, ubicada no Paseo da Calzada realizouse nun acto que contou coa presencia de representantes da Xunta e da corporación municipal.
O evento gastronómico, organizado pola Confraría de Pescadores, conta este ano coa colaboración de tres estrelas Michelín: Beatriz Sotelo, Inés Abril e Leonor Costiña encárganse da elaboración de tres platos e a tradicional empanada de vieira.
As novedosas recetas deste año son: Vieira con crema de apio, nabo e tomate seco; Arroz negro con vieira e aguacate e Iozas de vieira con caldo afumado.
Os prezos por cada ración mantéñense como en edicións anteriores en 8 euros.
Os detalles nolos contaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a secretaria xeral de Pesca da Xunta, Mercedes Rodríguez, e o patron maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa.