Nace en Vilanova a cervexa artesana "Extrema de Arousa" elaborada por tres veciños da parroquia de Corón.
Serxio Chaves, Iván Nogueira e Juan Ramón Fernández comezaron este proxecto tras visitar hai dous anos a Festa da Cervexa Artesa que se celebra en Vilanova.
Motivados por facer una cervexa de calidade pero con prezos competitivos, elaboraron unha receta a base de malta, cebada e lúpulos que fabrican eles mesmos na súa casa e que se envasa nunha fábrica de Monteporreiro en Pontevedra, para manter todos os controis de calidade.
Existen dúas variedades, a Extrema, cervexa rubia, fresca e con 5'4° de alcol e a Nasa Extrema, tostada, con máis corpo e 6'7° de alcol.
De momento, en tres meses fabricaron 6.000 litros de estas dúas cervexas que se poden atopar en máis de 50 locais de hostelería da comarca e que tamén se pode mercar a través do seu Facebook, a un prezo que ronda os 2€ o botellín.
O seu próximo objetivo é estar presentes nas diferentes festas de O Salnés para dar a coñecer a súa marca.
Un proxecto empresarial que explicaba está mañá Serxio Chaves acompañado polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que amosou o seu apoio para que sigan adiante con esta iniciativa, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.