O concello de Cambados márcase como obxectivo para o ano que ven a declaración da Festa do Albariño como de Interés Turístico Internacional.
Un reto que o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, apuntou esta mañá durante a valoración da viaxe promocional turística no norte de Alemaña xunto coa Mancomunidade do Salnés.
Ademáis, cobra forza a futura celebración dunha Festa do Albariño en Alemaña.
Mancomunidade e concello entrevistaranse con representantes do centro galego en Alemaña, que se encontran de vacacións na comarca, para comezar a coordinar as xestións e trámites.
Asimesmo, retomaranse as relacións cos 6 concellos irmanados con Francia.
Todo elo axudará a cumplir os requisitos para que a Festa do Albariño sexa declarada de Interés Internacional.
Así o explicaba esta mañá o concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, nunha comparecencia acompañado do presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.