A escola infantil de Ribadumia empezará o novo curso con instalacións melloradas e novo equipamento a través dunha axuda da Xunta.
O investimento da obra roldou os 33.365 euros, 22.500 dos cales corresponden á subvención da Xunta, puidéronse adquirir diversos medios e equipamento para o centro coma paneis separadores para o comedor, lousas, triciclos, mesas, mobles para libros, andadores, xogos e armarios.
A maiores, tamén se levaron a cabo diversos traballos de mellora, como a cuberta do patio para crear unha nova zona de xogos para os nenos, a reparación e illamento da cuberta do patio central e o arranxo das vallas exteriores de madeira.
Ampliouse a cuberta no soportal para mellorar a área de achega dos pais, transformouse un aseo en almacén e reparáronse os inodoros. Finalmente, ampliouse a cociña a través da desmonte e nova colocación dunha biombo de aluminio.
O concello, pola súa banda, tamén aportou equipamento non subvencionable, coma berces, colchóns, tumbonas e babeiros.
Grazas a estes investimentos, melloráronse unhas instalacións nas que, na actualidade, están a ser atendidos 95 nenos, o que redunda favorablemente no desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe e na mellora da súa efectividade.
Os traballos realizados foron supervisados esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde do municipio, David Castro,
Ambos explicaban as obras realizadas durante unha visita ao centro que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.