A Xunta pon en marcha o inicio das obras de ampliación do IES Asorey co fin de dar resposta á necesidade de acoller aos cursos de formación profesional básica e adaptar os ciclos profesionais.
Así mesmo, levaranse a cabo distintas melloras nas instalacións existentes na totalidade do centro educativo cunha inversión de 770.000 euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos.
A obra, adxudicada á constructora San José de Cambados, iníciase hoxe coa sinatura dos traballos de replanteo e prevese que estea prácticamente lista no inicio do vindeiro curso.
Nese momento terá 7 novas aulas ademáis de aseos adaptados para o profesorado e almacén de limpeza.
Grazas a esta ampliación, o centro poderá atender á demanda da implantación da FP Básica, así como a adaptación dos ciclos formativos profesionais á LOMCE, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas.
Os traballos desenvolveranse na época estival, minimizando así o impacto na actividade habitual do IES.
Segundo establece o proxecto, para a ampliación do centro procederase á demolición dunha parte da cuberta existente e, a partires de ahí, proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes.
É dicir, que se substituirá a baixo cuberta actual por unha nova planta, de 600 metros cadrados útiles, que albergará un total de sete novas aulas (2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre), así como dous aseos e almacén de limpeza.
A ampliación do IES Francisco Asorey enmárcase dentro do Plan de Infraestruturas 2016-2020 deseñado pola Consellería de Educación, que ten como obxectivo mellorar a infraestrutura e o equipamento educativo para garantir unha educación pública de calidade.
Os detalles nolos contaban en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DÍA, durante o acto de inicio da actuación, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, o concelleiro de Educación de Cambados, Victor Caamaño e o xefe territorial de Educación Cesar Pérez Ares, que, por certo, tamén se refería á posible desafectación das casas de profesores do colexio Magariños, eso sí, baixo o cumplimento da legalidade.