O porto de San Tomé de Cambados terá listo o novo pantalán ao longo deste verán.
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, realizou unha visita ao porto de Santo Tomé para supervisar o inicio das obras do novo pantalán.
Son 73 novos amarres nunha actuación demandada pola Confraría de Pescadores de Cambados, xa que as actuais instalacións de As Goritas non ofrecen o calado suficiente.
Portos de Galicia adxudicou o proxecto a empresa Amilibia por un importe duns 200.000 euros cun prazo de execución de un mes.
A nova estructura poderá acoller embarcacións de entre seis e doce metros de eslora, fundamentalmente planadoras e lanchas de terceira lista.
Na parte exterior tamén se dará cabida a embarcacións maiores que agora teñen base en San Tomé.
De momento, a confraría de Cambados recibiu 46 solicitudes de amarre para o novo pantalán, ainda que agarda que as prazas se completen xa que o prazo de peticións todavía está aberto.
O proxecto de San Tomé forma parte dunha serie de actuacións que Portos de Galicia está a realizar na Ría de Arousa, coa creación de 500 nova prazas de pantaláns de terceira lista: 300 na Illa de Arousa, 125 en Cabo de Cruz en Boiro, e 73 no porto de San Tomé en Cambados.
Así o explicaban esta mañá o xerente da empresa adxudicataria, Carlos Aguión, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante a visita realizada esta mañá acompañados do patrón maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.