Os hosteleiros de Vilagarcía poñen en marcha unha nova edición de Destapa Verán, que este ano inclue a Ruta do Gin.
Desta volta, 16 establecementos participan na oferta de tapas de moi coidada elaboración e presentación que se poderán probar ata entre os días 9 e 18 de xuño.
O prezo por tapa é de 2 euros e de 3 se vai acompañado dun botellín de cerveza ou de 3,50 si se toma cun viño albariño ou mencía.
Os días 13 e 14 celebrarase o "Día do Tapeador" e o custe das tapas reducirase a 1.70 euros. Ademáis, repetirase o Campionato de Tiraxe de Cerveza.
Como novidade, este ano inclúese a Ruta do Gin Masters cunha oferta de 9 combinados elaborados por outros tantos establecementos nocturnos a un prezo único de 5 euros.
O público poderá votar pola súa tapa favorita de entre todas as propostas de tapas e Gins e optar a un premio especial de 300 euros en metálico.
Para elo deberá facerse cun Libro de Ruta, dispoñible en todos os locais participantes, e ir selándoo ata completar un mínimo de 6 establecementos de tapas e 3 de combinados.
Do reconto de todos os votos correctamente emitidos sairán o primeiro, segundo e tercer premio á mellor tapa e ao mellor Gin de ‘DesTapa Vilagarcía’.
Entre todas as papeletas depositadas realizarase un sorteo de 23 premios, entre os que figuran un premio en metálico de 300 euros, vales compra de 50 euros nos establecementos de Zona Aberta, no Centro Conercial Arousa ou no Gadis, así como diversos lotes de viño e visitas enoturísticas.
Detalles dunha nova edición de Destapa Vilagarcía que presentaban esta mañá o presidente de Ahituvi, Ricardo Santamaría, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, nun acto que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.