A adega Terras de Asorey ten dende hoxe o distintivo Galicia Calidade.
A sinatura do selo de calidade tivo lugar esta mañá na nova sede da adega, ubicada en San Martiño de Meis.
Terras de Aserey está conformada por seis familias de adegueiros do Salnés, que nos últimos anos conseguiron altas cuotas de exportación a EEUU, Xapón e Reino Unido.
O próximo reto está en Noruega, onde xa se están abrindo camiño, Brasil e México.
Ata os novos países queren tamén achegar os seus viños Terra de Asorei, Nai e Pazo Torrado.
A nova sede da adega rexistrará en breve un cambio da súa imaxe exterior cun recubrimento que asemellará un enreixado polo que poidan crecer diversidade de plantas que irán mudando de cor cos cambios de estación.
A maiores, no novo proxecto crearase a Eira de Asorey como un entorno onde se poderán celebrar diferentes tipos de eventos e actividades ao aire libre, como mercados, concertos ou representacións teatrais.
Así nolo contaba o presidente da adega, Roque Durán, no acto de sinatura do Selo de Calidade, que contou coa presencia do Conselleiro de Industria Francisco Conde, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e do alcalde de Meis, José Luis Pérez, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.