Outra das iniciativas que pon en marcha o Concello de Cambados con motivo da Cidade Europea do Viño é o proxecto Videa, que mistura o viño co cine.
Dende o 2 de xuño ata o 7 de xullo diferentes adegas de Cambados e a contorna proxectarán 5 das 10 mellores películas do mundo relacionadas co mundo do viño,
Será nas noites dos venres a partir das 21.30 horas ao aire libre.
Cada film proxectarase nunha adega, e noutros espazos naturais como a Fundación Manolo Paz, en Castrelo, ofrecendo unha cata de viño e unha pequena explicación de cada unha delas.
Ademáis das proxeccións, dende o 15 ao 17 de xuño realizaranse charlas, catas, visitas guiadas á ría de Arousa e un showcooking na Quinta de San Amaro en Meaño.
A asistencia a Videa Cambados é de balda pero é necesaria previa inscripción para as 200 prazas previstas na oficina de turismo de Cambados.
Así o explicaban esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e o promotor da iniciativa, Xoan Mariño, nunha comparecencia na Fundación Manolo Paz que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.