O Concello de Cambados manterá o servizo de atención aos afectados polas cláusulas solo das hipotecas, que xa asesorou a máis dun cento de persoas.
Ademáis, o grupo de Goberno presentará en pleno unha moción solicitando ao Estado que organice una comisión de seguimiento para tutelar os procesos.
O Concelleiro de economía, Xurxo Charlín, explicou está maña que as entidades bancarias están comenzando a dar resposta as reclamacións presentadas, pero se están dando casos nos que non se cumpre o establecido polo Real Decreto do Estado.
Neste sentido, algunhas entidades bancarias están poñendo trabas para devolver os intereses, alegando que os contratos hipotecarios xa non están vixentes ou que as cláusulas foron asinadas en pleno coñecemento.
Ademáis, os bancos estánse poñendo en contacto cos afectados ofrecendo unha acordo extraxudicial con unha cantidade de cartos a cambio de rexeitar as reclamacións.
Según, Xurxo Charlín, estás ofertas non cumpren o Real Decreto e no caso de aceptar os importes, estes deben tributar en Hacienda, o que supón unha perdida de cartos aínda maior.
Sen embargo, se continuan adiante coas reclamacións nos xulgados e se lles devolve unha cantidad maior, os cartos estarán exentos de tributar en Hacienda e os bancos deberán aboar tamén as costas do xuizo.
Tendo en conta estás cuestións, a oficina do consumidor do concello de Cambados continuará atendendo aos afectados gratuitamente.
Así o explicaba está maña o concelleiro de economía de Cambados, Xurxo Charlín, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.