As xa controvertidas obras de humanización da rúa Luis Rocafort crean as primeiras discrepancias no tripartito de Sanxenxo e poñen ao portavoz do PP ao lado do alcalde.
Todo elo tralas declaracións do deputado de Infraestructuras, Uxío Benítez, asegurando que o goberno provincial non vai dar marcha atrás no proxecto, nin ten pensado ampliar o número de aparcamientos públicos previstos, e tampouco está preocupado pola circulación de autobuses na intersección co paseo de Silgar, que sí preocupa, e moito, ao alcalde Gonzalo Pita.
Ademáis, o deputado provincial sinalou que Gonzalo Pita "é novato como alcalde e iso lévalle a non ter seguridade nas decisións que toma".
Despois do cruce de declaracións entre alcalde e deputado provincial, os socios no tripartito de Sanxenxo, BNG e PSOE, apoian o proxecto consensuado co goberno provincial, que consideran “un éxito” e estiman que “20 prazas de aparcamento non merecen” as diferencias entre dúas administracións.
Así o explicaba esta mañá o concelleiro nacionalista David Otero nunha rolda de prensa na que tamén estivo presente a socialista Coral González Haba.
E dende o PP de Sanxenxo, Telmo Martín ponse de lado do alcalde e apunta a que a situación podería reconducirse “falando coa presidenta da Deputación, Carmela Silva”.
No que non está de acordo Telmo Martín co alcalde de Sanxenxo é na tramitación do parque empresarial de Nantes.
Ao seu entender, a falta de avances é debido a unha falta de xestión do tripartito.
Declaracións de uns e outros que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.