Un concerto de tres grupos galegos e un dj pecharán este venres o programa Noites Mouchas que durante os dous últimos meses se estivo celebrando en Cambados como forma de ocio alternativo para a mocidade.
A actuación de peche, que leva o nome de Noites Mouchas Fest, terá lugar no salón Peña a partir das 22 horas, con entradas a dous euros.
Subiranse ao escenario os grupos Igmig de Vigo, Doen, do Salnés e Putas Lisérgicas de Cambados, ademáis do dj Cobblepot, Os asistentes poderán participar nun sorteo de agasallos.
O Festival Noites Mouchas porá fin a tres meses de actividades creadas dende o Concello e a Asociación Efervescencia Mental, que, segundo os organizadores, tiveron unha gran acollida entre a mocidade.
Un total de 200 xóvenes de toda a comarca asistiron as diferentes iniciativas programadas, sendo as máis concurridas a noite de “Furor”, “O que necesitas é amor”, “Noites Pinches” e “Noites de chilaba e cachimba”.
Dado o éxito conseguido, tanto o Concello como o colectivo organizador están dispostos a ir pensando xa nunha próxima edición.
Un balance que facían esta mañá unha das organizadoras, Bárbara Abal, a alcaldesa, Fátima Abal, e o portavoz municipal, Xurxo Charlín, nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados de Eduardo Apariz de Efervescencia Mental, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.