Alerta no BNG e na CIG polo desmantelamento progresivo do dispositivo de loita contra o narcotráfico no Servizo de Vixiancia Aduaneira.
Segundo ambas formacións, dende hai varios anos o goberno do Estado está a eliminar medios aéreos e embarcacións con base nas Rías Baixas, entre eles a lancha rápida con base en Vilagarcía, para trasladalos á costa mediterranea e ao Estreito.
A esta situación engádense as idades dos profesionais, cunha media de entre 57 e 61 anos, próximos á xubilación.
Por tal motivo, dende o grupo do BNG no Parlamento insta á Xunta á que manifeste ante o goberno do Estado á súa oposición ao traslado dos medios ao mediterráneo e que recuperen os xa retirados.
Tamén reclama que se cubran a totalidade das vacantes de persoal producidas no SVA, e se convoque unha Oferta Pública de Emprego.
A maiores, o BNG pregunta á Xunta se ten coñecemento da intención do Goberno español de eliminar o único helicóptero do que dispón o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galiza e, de ser positiva a resposta, se ten realizado algunha actuación para evitalo.
Unha situación que explicaban esta mañá o responsable da CIG no Servicio de Vixiancia Aduaneira, Xosé Enrique García, e a deputada no parlamento galego, Montse Prado, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.