Turismo Rías Baixas prevé unha ocupación hoteleira en Semana Santa superior ao 75 por ciento.
Así o indicou esta mañá a presidenta da Diputación de Pontevedra, Carmela Silva, apuntando a cifras moi prudentes, xa que nas páxinas web e plataformas especializadas en reservas turísticas a ocupación supera xa o 85 por cento.
Segundo estas estimacións, a comarca de Caldas será a de maior porcentaxe de ocupación, co 80%, seguida de O Salnés, Pontevedra e Vigo que agardan superar o 75%.
Máis polo miúdo, Sanxenxo ten xa, segundo booking, máis do 85% das prazas reservadas, O Grove agarda rozar o cheo, ao igual que Vilagarcía, mentres que Cambados ten xa o 75% de reservas.
No caso de Pontevedra cidade, a capital alcanzará alomenos ata o día 12 co 100% de ocupación debido, á celebración do Campionato de España de Natación Absoluto.
Tamén nas casas de turismo rural da provincia de Pontevedra as reservas superan xa o 76 por cento.
Dende Turismo Rías Baixas agárdase que os niveis de ocupación sexan ainda superiores na segunda metade da Semana Santa, ainda que dependerá da situación meteorolóxica.
En canto ao funcionamento das oficinas de Turismo durante esta Semana Santa, estarán abertas as oficinas de Turismo Rías Baixas de Pontevedra, no Palacete das Mendoza, do Aeroporto de Peinador e do Mosteiro de Armenteira.
Tamén informarán aos visitantes as oficinas xestionadas polos propios concellos de Vilagarcía, Cambados, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, as dúas de Poio e Cuntis.
Amais, haberá persoal da Deputación de Pontevedra nas oficinas de O Grove, Caldas de Reis e A Illa de Arousa.
A presidenta da Deputación resaltou a eficacia das campañas de promoción turística promovidas ata o momento polo organismo provincial, como a presenza en Fitur e a presentación na SGAE en Madrid, celebrada onte, dirixida a touroperadores e prensa especializada.
Carmela Silva falaba así das Rías Baixas.