O Concello de Cambados activa a primavera con numerosas actividades que se desenvolverán de abril a xuño.
O concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, presentou está mañá a programación cultural de primavera que, con motivo do nomeamento da Cidade Europea do Viño, estará vinculada coa viticultura.
Ademáis, o seu departamento ten preparado unha gran cantidade de actos culturais, como a celebración do Día das Letras Galegas, o Día do Libro ou o Premio Cabanillas, deportivos, coa Maratón Popular, a Festa da Bicicleta ou a Gala do Fútbol Galego Feminino, e músicais, con concertos da Escola de Música ou Serán de Volandeira.
Non faltarán tampoco exposicións como a de "Artsorey", e Teatro coa representación de "A Man da Santiña".
Os detalles explicábaos esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA