Reaccións en Vilanova ante a decisión da Deputación de anular o proxecto de mellora e ampliación da estrada de Baión-András , xestado na etapa de Rafael Louzán.
A Deputación aprobou esta mañá en Xunta de Goberno a resolución do contrato por contar con graves irregularidades de tramitación.
E dende Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán anuncia accións xudiciais ante unha resolución que considera chea de tintes e presións políticas aos funcionarios.
Así o explicaba Gonzalo Durán nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Segundo o goberno provincial, a adxudicación da obra fíxose sen que a administración tivese á súa disposición os terreos, sen iniciar o expediente expropiatorio correspondente e sen o compromiso de colaboración do Concello nin dos propietarios afectados, que, “en boa parte non estaban dispostos a ceder as súas leiras”.
A maiores, o proxecto carece de informe de avaliación ambiental, que nin sequera se chegou a solicitar, e tampouco dispoñía de informe de Patrimonio.
No lugar deste proxecto, o goberno provincial xa anuncia que se acometerá outra obra que permitirá reformular o trazado actual, dotando a vía de máis ancho, ampliando as interseccións e instalando pasos de peóns elevados e reductores de velocidade, “garantindo a convivencia do tráfico rodado coa mobilidade peonil”.