Cambados e Ribadumia únense para realizar melloras nos polígonos do Salnés.
Ambos gobernos redactaron un proxecto conxunto para solicitar da Xunta unha subvención de 180.000 euros e poder finalizar as actuacións xa realizadas e iniciar outras.
En Cambados, o Concello pretende rematar a sinalización horizontal e vertical, dotar os viais con nomes de mulleres relevantes de Galicia, marcar os aparcamentos e crear unha senda dende a entrada do polígono Sete Pías ata o de Cabanelas mellorando a imaxe e a seguridade vial do entorno.
En Ribadumia, as obras centraranse en finalizar as beirarrúas.
Como actuación conxunta, instalarase un totem led na entrada de cada parque coa información das empresas ubicadas.
O importe solicitado para Ribadumia é de 103.000 euros e para Cambados 76.000 euros.
Unha vez conseguida a subvención, as obras terán que estar rematadas antes do 15 de outubro.
Os detalles explicábanos os Concelleiro de Cambados e Ribadumia, Xurxo Charlín e Enrique Oubiña, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.