A Hostelería de Vilagarcía pon en marcha a ruta de tapas de inverno, que pretende desestacionalizar e dinamizar as actividades fora da campaña estival.
Nesta ocasión 16 locais participan, do 10 ao 19 de marzo, en “Destapa de Inverno” con propostas gastronómicas a un prezo de 2,80 euros se é con cervexa, 3,50 euros con albariño e 1.80 euros sen bebida.
Tamén haberá un día do tapeador, que será o xoves, con descontos na tapa, e diferentes actividades paralelas como o xa habitual tiraxe de cañas ademáis de tres showcookings.
Así o explicaba esta mañá o portavoz de Ahituvi, Carlos Crespo na presentación da iniciativa, acompañado do alcalde, Alberto Varela, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.