O sector turístico de Sanxenxo coñeceu hoxe o resultado do testeo da norma de xestión Destinos Turísticos Intelixentes, elaborado por Segittur a finais do pasado ano, en base aos requerimentos que establece a normativa de Aenor.
O director-xerente deste departamento dependiente do Ministerio de Turismo, Luis Javier Gadea, ofreceu os datos nun encontro que se celebrou na Escola de Hostelería e no que tamén estivo presente a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e o alcalde Gonzalo Pita.
Con estes datos, Sanxenxo poder ter, a partir de agora unha folla de ruta dos novos modelos de xestión que deben seguir os destinos turísticos neste século XXI.
A súa aplicación permitirá aumentar a competitividade e mellorar o posicionamento turístico de Sanxenxo a través das novas tecnoloxías e ferramentas TIC.
Neste sentido, o alcalde, Gonzalo Pita contábanos para AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DÍA qué debe mellorar
Sanxenxo nos próximos 10 anos para ser destino intelixente .
Os principais retos serán desenvolver a administración electrónica, modernizar os servizos tecnolóxicos municipais e establecer unha rede importante de cobertura de datos que elimine as zonas que actualmente carecen de alta velocidade.
Sen embargo, xa ten moito camiño andado coa consolidación do sector empresarial nos destinos SICTED, o amplo número de distintivos Q de Calidade, as bandeiras azuis que cada ano obteñen os seus areais e o patrimonio cultural e enogastronómico.
Para realizar este testeo Segittur desplazó a Sanxenxo durante o pasado mes de decembro a catro auditores de Aenor, que mantiveron entrevistas con máis de 20 técnicos municipais, así como con responsables de cada área, especialmente nos ámbitos de Sistema de Xestión, Innovación e Vixiancia tecnolóxica.
A norma de Xestión Destinos Intelixentes, pioneira no mundo na súa categoría, será testada, ademáis de en Sanxenxo, noutras tres localidades españolas: Benidorm, Jaca e Val de Arán en Lleida.