O grupo de goberno de Vilagarcía e a oposición reúnense esta tarde para analizar a proposta de orzamentos para este ano ultimado polo equipo de Alberto Varela e as aportacións realizadas polos demáis grupos da corporación.
O PP e Somos facían públicos nas últimas horas os principais puntos das súas suxerencias e dende o equipo de goberno, o alcalde, Alberto Varela, concretaba esta mañá a súa proposta definitiva.
Son 27 millóns de euros nuns orzamentos que considera “equilibrados e realistas, cumplindo co plan de axuste ao que está sometido o Concello”.
Segundo o rexedor, no documento final están integradas varias propostas plantexadas polo BNG, ainda que con partidas orzamentarias diferentes e agarda o respaldo dos grupos de esquerda.
Así o explicaba Alberto Varela nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na sala de Xuntas do Concello, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.
E dende a oposición, o PP presentará unha vintena de aportacións.
Entre elas, a reorganización da xerencia de Urbanismo, o control e optimización das horas extra, que o 33% dos fondos Feder sexa xestionado pola oposición, a ampliación da depuradora ou a creación dun aparcamento na praza de abastos.
Pola súa banda, dende Somos proponse a ruptura do Pacto de Cidade entre o grupo de goberno e o PP, a remunicipalización de servizos externalizados, unha comisión específica para concretar os proxectos dos fondos Feder ou o establecimento duns orzamentos participativos.