O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, valorou esta mañá en rolda de prensa o acontecido no pleno da pasada tarde no que se aprobaron os orzamentos municipais grazas aos votos do edil díscolo de Esquerda Unida e do BNG.
Na súa opinión, Somos debería ter enviado antes as súas propostas e non agardar ao último momento e o PP perde o tempo insultando ao goberno e o alcalde con declaracións “incoherentes”.
Ademáis, Varela xustificou o posicionamento do concelleiro díscolos de Esquerda Unida, alegando que é a primeira vez dende o ano 2003 que un membro desta formación vota a favor dos orzamentos municipais.
En canto ao BNG, o alcalde confirmou que tiñan propostas comúns e por eso non houbo problemas de negociacións.
En todo caso, cara os orzamentos do vindeiro ano, tende á manda a todos os partidos de esquerdas e convídaos a empezar a traballar xa e presentar as propostas co tempo suficiente de chegar a acordos.
Así o explicaba Alberto Varela nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O grupo de goberno conseguiu sacar adiante o orzamento municipal para este ano que ascende a 27 millones de euros, un 2,62% máis que o ano pasado.
Finalmente, foi posible grazas os apoios do edil díscolo de Esquerda Unida, Miguel Alves, e do BNG ,tras incluir no Orzamento boa parte das súas respectivas propostas.
Os orzamentos aprobáronse nun tenso debate no que Alves, case fora do partido, volveu romper a disciplina de voto e con acusacións de transfuguismo por parte do PP tanto cara o concelleiro de Esquerda Unida como cara o alcalde.