Os alumnos de ensino infantil de Cambados participarán no programa “Mensaxeiros Solidarios”que pon en marcha a Axencia de Doazón de Organos e Sangue.
Todos eles recibirán o conto "Papá Bolechas doa sangue" e informacion vencellada coas doazóns, como unha forma de concienciación dende as primeiras idades e fagan de menxaseiros na familia.
Actualmente, as doazons na vila do albariño están por riba da media requerida pola OMS, xa que unha porcentaxe do 71% da poboación cambadesa realiza este xesto solidario.
A directora da Axencia, Marisa López, e o concelleiro de Educacion de Cambados, Victor Caamaño, presentaron esta mañá a iniciativa, que se desenvolverá entre os estudantes dos tres de centros educativos.
O programa 'Mensaxeiros Solidarios' desenvolvese dende hai anos en distintos colexios e municipios.
Neste caso, un total de 205 nenos e nenas de centros de ensino infantil recibirán o conto 'Papá Bolechas doa sangue', xunto cunha tarxeta de informacion básica sobre a doazón.
Asi mesmo, Marisa López quixo facer un chamamento apelando ao carácter solidaria dos veciños e veciñas de Cambados e lembrou que unha unidade móbil de ADOS estará ao carón do centro de saúde os días xoves 16, venres 17 en horario de 10 horas a 14 horas e de 16 horas a 21 horas e sábado 18 de 10 a 15 horas.
Son os detalles dunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.