O concello de Cambados agarda conseguir un aforro enerxetico de máis 100.000 euros en 2019.
O Goberno local puxo en marcha un sistema de xestión de consumos enerxéticos para reducir o gasto eléctrico no municipio.
As medidas que se levaron a cabo foi revisar as 2100 facturas que recibe o concello cada ano, ademáis de outras correcións nas instalacións municipais ou o cambio de luminarias.
Deste xeito, o concello logrou reducir o custe de enerxía eléctrica no último ano, o que supuxo un aforro de 80.000 euros con respecto a 2015.
Neste sentido, o concelleiro Ramón Abal, presentou está maña o plan de inversións previsto para os anos 2017-2019, que consistirán na sustitución do alumeado público coa instalación de bombillas LED nos 395 puntos de luz da Avenida de Castrelo, Avenida de Vilagarcía e Avenida de Vilariño, o que suporá unha inversión de 100.000 euros e un aforro anual de 26.500 euros.
Con estes cambios, a previsión de José Ramón Abal é que no 2019 o gasto anual na factura eléctrica sexa de 354.000 euros, 130.000 euros menos que no 2015.
Ademáis, próximamente tamén se tomarán medidas para reducir o consumo de gas natural.