A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou esta mañá á parcela de Vilaxoan onde a finais desta semana empezarase a construir a terceira escola infantil pública do municipio.
O centro educativo contará cunha capacidade máxima de 82 prazas para a escolarización de nenos de 0 a 3 anos.
A actuación foi adxudicada á empresa Inelsa de Sanxenxo por un importe de 589.000 euros e ten un prazo de execución de dez meses.
As obras financiaranse coa parte dos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía con cargo ao Plan de Obras e Servizos de 2016.
Previamente, a presidenta da Deputación acompañaba aos 40 alumnos e alumnas do colexio Anexo A Lomba nunha das visitas guiadas ao Castro Alobre que o organismo provincial e o Concello están ofrecendo a escolares do municipio para dar a coñecer O xacemento e a súa importancia.
Neste caso, Carmela Silva ofrecía os datos dos achádegos da segunda fase das excavacións que está a realizar a Deputación no castro vilagarcián.
Máis dun millar de pezas, destacando tres fíbulas recuperadas. O máis singular é un elemento para o cuidado persoal, destinado a hixiene do oido, e un mango dun coitelo de bronce.
Detalles de ambas actuacións que explicaban a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Alberto Varela, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.