Os pantaláns de terceira lista que se están construindo no peirao de O Xufre estarán rematados en setembro.
Son as estimacións da conselleira do Mar, Rosa Quintana, que hoxe trasladouse á zona para supervisar o avance dos traballos, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.
A actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e darán servizo a 308 embarcacións pesqueiras, atendendo á demanda actual de prazas e reservando prazas dispoñibles para cubrir as necesidades futuras.
Segundo Rosa Quintana, “con esta obra e coa futura construción dos pantaláns mexilloeiros prevese que a Consellería do Mar supere os 10 millóns de euros de inversión na mellora das infraestruturas deste peirao, unha aposta iniciada no ano 2009 coa ampliación do porto e continuada coa dotación de abrigo”.
A maiores, a Xunta seguirá avanzando na mellora deste porto coa licitación nas vindeiras semanas das obras de construción de pantaláns para a 4ª lista (embarcacións mexilloeiras) que suporán arredor de 126 prazas de amarre para barcos bateeiros con esloras de entre 14 e 22 metros.
Esta futura obra e a dos pantaláns pesqueiros que se está executando suporán un investimento global de preto de 5,5 millóns de euros.
Ao marxe deste asunto, Quintana apelou á conciencia cidadá para rematar co furtivismo por parte de turistas e usuarios das praias, cada vez máis prolífico.
Declaracións dunha visita que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA