O Concello de Vilagarcía crea unha nova iniciativa para promover os proxectos dos emprendedores e fomentar a creación de emprego.
Trátase dos Premios Emprende Vilagarcía, cuxa convocatoria está xa aberta.
O prazo de presentación dos proxectos remata o 11 de agosto e a resolución do xurado será o 29 de agosto.
O certame establece tres categorías de igual dotación: mellor iniciativa empresarial, actividade comercial máis innovadora e mellor proxecto turístico relacionado co mar.
As tres ideas gañadoras serán premiadas cunha mentorización individual no espazo coworking “Dalle Que Dalle” durante tres meses e un capital sémola de 3.000 euros.
A través destes premios, o Concello de Vilagarcía pretende premiar as iniciativas emprendedoras de carácter local e favorecer a visibilidade dos emprendedores, impulsando a creación de novas empresas que na súa formulación e desenvolvemento implican a promoción económica do concello e a elaboración de novos produtos e procesos, e en consecuencia unha optimización dos de recursos locais.
Por iso, a Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan Antonio Pérez Callón anima aos emprendedores a presentar un proxecto viable e con garantías de futuro, que se adapte ás esixencias do concurso.
O primeiro Premio de Emprendemento Concello de Vilagarcía – Emprende VGA se dirixe a emprendedores, startups, micropymes, autónomos de diversos campos, estudantes universitarios ou ciclos, cun proxecto de negocio viable en fase de desenvolvemento, con actitude innovadora e colaboradora.
Os premiados terán un prazo non superior aos 6 meses para poñer en marcha o seu proxecto.
Así o explicaba o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, no acto de presentación, acompañado da representante do Coworking Dalle Que Dalle, Raquel Argibay, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.