Rematan as obras de mellora de accesibilidade da rúa Ramón López Piñeiro , no entorno da Residencia de Anciáns Divina Pastora.
O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Obras, Lino Mouriño, supervisaron a actuación realizada, que comezou o pasado decembro.
Os traballos consistiron na reforma das beirarrúas para facilitar o tránsito e a seguridade dos viandantes que, na súa maior parte, son usuarios da propia residencia e persoas maiores e con problemas de mobilidade.
A actuación contou cun orzamento de 45.000 euros, financiados con fondos propios do Concello.
Por outra banda, o alcalde Alberto Varela recibiu do Departamento de Estradas da Xunta o compromiso de dar unha solución aos problemas de seguridade viaria da rúa Salgueiral, en Bamio.
O rexedor e o concelleiro de Tráfico, Juan Antonio Pérez Callón, reúníronse esta mañá na delegación da Xunta en Pontevedra con representantes deste departamento para abordar a situación, denunciada polos veciños, e dar cumplimento ao acordo plenario do pasado decembro.
A conclusión do encontro, o alcalde amosábase optimista de que se realice algunha actuación para reducir a velocidade nese punto.
En AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DÍA recollemos as declaracións de Alberto Varela sobre ambos asuntos.