A sorte do Nadal tocou esta mañá en Moraña. A administración da Rúa Un vendeu parte do segundo premio da Lotería de Nadal, co número 04536. Polo momento está confirmado que se entregou por terminal un décimo, agraciado con 125.000 euros.
Pero ademáis, un cuarto e dous quintos premios tocaron en Valga, Cambados, e Barro respectivamente
O bar Potel, situado na estrada N-550, á beira da Casa do Concello, repartiu varios décimos do número 59.444, un cuarto premio dotado con 20.000 euros por billete.
Foi expedido en máquina, polo que non se sabe o número exacto de décimos vendidos.
Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o responsable do establecemento
Con anterioridade saía do bombo un quinto premio, o 22259, que tocou en dous lugares de Cambados.
En Castrelo vendeuse un billete en O Noso Bar e o outro foi na Avenida de Galicia de Cambados, no Restaurante Mar de Arousa.
Outro quinto premio, o 60.272, tamén repartía sorte en Barro, nas últimas extraccións dá mañá.
Ademáis, Pontevedra capital tivo outra recompensa co número 19.152, tamén quinto premio, que foi vendido na Administración de Loureiro Crespo.
Os catro están premiados con 6.000 euros por décimo.
O premio gordo recaeu non número 66513 e tocou integramente en Madrid.