O Concello de Cambados ofrécese a poñer a disposición de pais e nais en proceso de separación un punto de encontro para entrega dos nenos.
Será a axente de Igualdade do CIM do Salnés a que se encargue de xestionar os trámites necesarios para que os rapaces non teñan que deprazarse ata Pontevedra, con todos os inconvintes que elo conleva.
A creación deste punto de encontro foi un dos compromisos da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, durante a presentación na vila do albariño da Asociación contra o maltrato Esmar.
O colectivo ten a súa sede en Ribadumia, pero o seu ámbito de influencia son os nove concellos da comarca do Salnés.
Así o expresaba a presidenta do colectivo, Mari Carmen Pérez Torres, durante o acto de presentación en Cambados, no que tamén contou a súa experiencia sobre a entrega dos nenos unha das mulleres amparadas pola asociación.
Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.