Cambados creará unha comisión organizadora que leve adiante o programa da Cidade Europea do Viño 2017 para que este nomeamento teña maior alcance nacional e internacional.
Alomenos esa é a intención do Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, que esta mañá anunciou que levará a proposta ao pleno deste mes, o xoves 24 de novembro, para que poida empezar a traballar canto antes.
Será un órgano consultivo, presidido polo propio Concelleiro de Enoturismo e integrado por 14 membros que representarán a todos os grupos da corporación, Mancomunidade do Salnés, administracións públicas, sectores vitivinícolas e económicos da comarca e comerciantes e hosteleiros da vila.
Tamén formará parte desta comisión un membro do Capítulo Serenísimo do Albariño.
Segundo o concelleiro, trátase de dar cabida a todas as entidades implicadas na promoción enoturística e económica do municipio e da comarca.
Porque, segundo José Ramón Abal, o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño é un “éxito colectivo”.
O programa, ainda por concretar, comezará en xaneiro coa presencia en Fitur e se plasmará en 80 actividades culturais, deportivas e gastronómicas.
Tamén incluirá a asistencia a outras feiras turísticas internacionais.
Os detalles desvelábaos esta mañá o Concelleiro de Enoturismo, acompañado polo xerente da Mancomunidade do Salnés, o inxenieiro organizador do programa e a directora do Museo do Viño, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.