O Concello de Cambados quere fomentar o emprendemento no municipio e para elo, porá en marcha a segunda edición das Xornadas de Emprendemento co fin de asesorar a todos aqueles que teñan en mente crear un negocio.
As II Xornadas celebraranse os vindeiros días 10 e 11 de novembro, en Exposalnés e no centro de desenvolvemento local do polígono de Sete Pías.
As actividades comezarán coa presentación da Rede SmartPeme promovida pola Deputación de Pontevedra, coa presencia da presidenta provincial Carmela Silva.
Posteriormente, o grupo Arestora realizará unha charla sobre o Impulso e Motivación polo emprendemento comercial en Cambados.
Asimesmo, darase respostas as cuestións dos xovenes emprendedores cando non teñen claro a que adicarse coa axuda dos compoñentes de "Que fago da miña vida?".
Falaráse tamén sobre todo o que pode ofrecer un coworking na vila, a través das experiencias das integrantes de DalleQdalle Coworking de Vilagarcía.
Neste contexto, o concello de Cambados tamén porá en marcha un coworking no Viveiro de empresas do polígono de Sete Pías que será inaugurado o vindeiro 15 de novembro.
As inscripcións son de balde e abertas para todos os interesados nos formularios da web municipal.
Así o explicaba o Concelleiro de Economía e Promoción de Emprego, Xurxo Charlín, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.