A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva estivo esta mañá na oficina do ORAL en Cambados dentro da rolda de visitas que está a realizar en todas as oficinas da provincia.
Carmela Silva solicitou a colaboración do concello para habilitar unha nova oficina do ORAL máis amplia e na que se poida dar una atención mellor e máis íntima.
Pola sua parte, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, confirmou á Presidenta, que o concello tentará ofrecer as suas infraestructuras para trasladar as oficinas de este servizo que atenden aos veciños de Cambados, Ribadumia e Meis.
Durante a visita, Carmela Silva, deu os datos de recadación do ORAL que no ano 2015 recaudou máis de 7 millóns de euros e se prevé que este ano a cantidade sexa maior.
No caso de Cambados a recaudación en 2015 foi de 3'9 millons de euros, e durante o 2016 van 2'2 millóns.
En Meis, no 2015 foron 1'6 millóns de euros, e neste momento van máis de 700.000 euros.
E en Ribadumia, recadaronse 1'5 millóns de euros no 2015, e no que levamos de ano
Unha visita que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.