Vilagarcía fai un novo chamamento á solidariedade. Neste caso a través do humor nunha gala benéfica destinada a recadar fondos para os refuxiados no campo de Katsikas, no noroeste de Grecia.
A iniciativa parte da ONG Aire, integrada por bombeiros dos grupos de rescate, que vai reunir este venres 21 de outubro no Auditorio de Vilagarcía a catro monologuistas e o grupo musical Los Mecánicos.
Actuarán, de forma desinteresada, Oswaldo Digón, David Amor, Pepo Suevos e Tito Rober, coa presentación de Kiko Novoa.
As entradas están a venda de forma anticipada en ticketea, ao prezo de 10 euros, e en taquilla o venres a 12 euros.
Ademáis, tamén se habilitou unha fila cero cunha donación de cinco euros.
A totalidade da recadación irá destinada a axuda inmediata para as 1.500 persoas que permanecen atrapadas no campo de refuxiados, en condicións pésimas e co temor de sobrevivir ao inverno.
Unha situación que explicaba esta mañá na presentación da gala o representante da ONG, Ramón Vidal, acompañado da Concelleira de Cultura, Sonia Outón, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.