Satisfacción no goberno de Vilagarcía tras recibir a concesión de fondos europeos por importe de 5 millóns de euros para o financiar seu proxecto denominado "Vilagarcía Avanza".
A este importe sumarase unha aportación municipal de 1,2 millóns de euros.
O executivo socialista pretende conseguir, tal como se detallaba no proxecto, unha cidade "innovadora, de todos, sostenible e atractiva".
O ámbito de actuación do "Vilagarcía Avanza" abarca os tres núcleos urbanos da capital arousana: Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, e as súas zonas aledañas.
Agora, unha vez concedida a subvención, o executivo municipal abordará con todos os grupos da corporación o destino do financiamento, partindo dos puntos establecidos no proxecto.
Entre as inversións inicialmente previstas, figuran a mellora da rede de saneamento, unha bolsa de vivendas para persoas sen recursos, recuperar equipamentos públicos en desuso, ou mellorar a mobilidade.
Tamén se pretende crear un portal de transparencia, renovar a páxina web do Concello o garantir o acceso a internet en todos os espacios públicos.
O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Infraestructuras, Paola María, expresaban esta mañá a súa ledicia por esta concesión, deixando claro as diferencias con financiación de proxectos anteriores como o de Luz Salgada.