Controlado de madrugada un novo incendio forestal en Arousa.
Neste caso, as lapas afectaron ao Concello de Boiro.
A parroquia de Bealo veuse de novo atrapada entre o lume nun incendio rexistrado no lugar de A Galea, que calcinou una superficie aproximada de 32 hectáreas.
Delas, 20 fueron de monte raso e as 12 restantes de masa arborada.
O lume, que chegou a provocar o corte da estrada que une Boiro e Noia, iniciouse ás 9 e media da pasada noite e quedou controlado sobre as seis desta madrugada
Na extinción interviron un técnico forestal, sete axentes, 13 motobombas e 17 brigadas, entre elas o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira e os Bomberos do parque comarcal de Boiro.
Por certo que, os concellos e particulares afectados polos incendios do mes de agosto xa poden solicitar as axudas convocadas pola Xunta para reparar os danos causados polo lume.
O goberno galego aprobou unha partida de 10 millóns de euros, que se tramitará a través de diferentes consellerías e entidades.
Explicábao esta mañá en Cambados a Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez.